O PARCHE
O PARCHE
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É un método anticonceptivo hormonal de uso semanal. Consiste nun
dispositivo fino de 20 mm que se pega á pel liberando estróxenos e
proxestáxenos, hormonas similares ás que produce o ovario nun ciclo
natural. Suprime a ovulación, impedindo así que en cada ciclo o ovario
libere un óvulo maduro que poida ser fecundado polos
espermatozoides.
¿Cómo se utiliza?
-Elixe unha zona do corpo onde queiras pegar o parche: brazo, ombreiro, parte superior do
lombo, abdome ou nádegas. Non debe colocarse nos peitos, xa que pode ocasionar molestias
mamarias.
-Debe colocarse sobre pel sa, intacta, seca, e sen vello. Evitaranse as cremas, aceites ou pos
de maquillaxe na zona de aplicación, xa que poden provocar o desprendemento do parche.
-Premer ben sobre o parche ata que os bordes estean ben pegados.
-Ó cambiar o parche, pódese colocar na mesma zona anatómica pero non exactamente no
mesmo lugar, para evitar irritacións na pel.
-Habitualmente colócase o primeiro parche o primeiro día de regra (día 1 do ciclo).
-Cambia o parche cada 7 días, coincidindo sempre no mesmo día da semana, ata un total de 3
parches por ciclo. É recomendable elixir o mesmo momento do día para cambiar un parche
por outro.
- Despois do retirar o terceiro parche, déixase unha semana de descanso, completando así un
ciclo de 4 semanas (28 días). No período de descanso adoita aparecer o sangrado, que pode
ser máis curto e escaso que a menstruación habitual.
-Tras finalizar o período de descanso, empezará a colocarse o primeiro dos tres parches do
seguinte ciclo.
-Nunca debe alongarse o período de descanso máis alá de 7 días.
Eficacia
-Ten unha elevada eficacia para evitar un embarazo non desexado, aínda que
esta eficacia é menor comparada con outros métodos, coma o DIU, o implante
e a esterilización masculina ou feminina. O principal inconveniente do parche é
que depende dun correcto cumprimento da muller. Os erros e esquecementos
son frecuentes, diminuíndo así eficacia do método.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) é de:
- 9 na poboación xeral (uso típico)
- 0,3 naquelas mulleres que a usan sempre de forma correcta e sistemática,
sen esquecementos (uso perfecto)
-Para aumentar á súa eficacia anticonceptiva, é recomendable o emprego
conxunto co preservativo (dobre método). Co preservativo obteremos unha
elevada protección sobre as infeccións de transmisión sexual (ITS), e asociado
co parche aumentaremos a eficacia anticonceptiva.
Beneficios
-Diminución da dor e o sangrado menstrual.
-Melloría do acne e o hirsutismo.
-Adecuado control do ciclo menstrual.
-Melloría do síndrome premenstrual.
-Diminúen o risco de cancro de ovario, endometrio e colon.
-Diminúen o risco de enfermidade inflamatoria pélvica.
-Na premenopausa, diminúe a perda de masa ósea e o risco de
osteoporose.
presentamos o dream team
da anticoncepción
Inconvenientes
-Aumenta a aparición de problemas cardiocirculatorios, especialmente
en mulleres de risco (fumadoras, obesas, hipertensas ou con
problemas de coagulación hereditarios).
-Pode producir síntomas como dor de cabeza, sensibilidade mamaria,
náuseas, malestar de estómago, pernas pesadas ou irritación da pel
no lugar de inserción.
-Poden aparecer sangrados intermenstruais, especialmente durante
os tres primeiros meses de uso.
Contraindicacións
-Fumadoras maiores de 35 anos.
-Obesidade (IMC>35), ou peso >90 kg.
-Hipertensión arterial.
-Migrañas con aura.
-Diabete de longa evolución ou asociada a complicacións.
-Enfermidade cardiovascular coñecida.
-Mutacións hereditarias nos factores de coagulación ou sospeita deles
(antecedente de episodio trombótico en familiar de 1º grao antes dos 45 anos).
-Lupus eritematoso sistémico con anticorpos antifosfolípidos positivos ou
descoñecidos.
-Enfermidade hepática.
-Inmobilización prolongada.
-Primeiras 3 semanas postparto (6 semanas se hai outros factores de risco
cardiovascular).
-Lactación materna nos 6 primeiros meses.
-Cancro de mama actual ou pasado.
-Toma de fármacos antiepilépticos ou certos antibióticos, como a rifampicina.
1. ¿Que vantaxes e desvantaxes ten o uso do parche respecto á pílula e o anel?
- Maior comodidade do uso semanal respecto á toma diaria, o que pode favorecer un mellor cumprimento.
-Os vómitos e diarrea non afectan á eficacia do parche, ó contrario do que sucede coa pílula.
-Menor privacidade que a pílula e o anel, xa que o parche pode ser visible.
-Método non financiado. Prezo máis elevado que a pílula, similar ó anel.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Podo facer deporte ou ir á piscina co parche?
Si. O uso do parche é compatible con actividades como correr, nadar ou ir a unha sauna ou spa.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿A obesidade diminúe a efectividade do parche?
-Si. Nas mulleres de máis de 90 kg non se recomenda o uso do parche, xa que a súa eficacia é menor.
-Ademais, tampouco se recomenda en mulleres con IMC >35, debido ó aumento do risco cardiovascular.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿É efectivo o parche en caso de vómitos ou diarrea?
Si, porque a absorción das hormonas que leva faise a través da pel. Ó contrario do que sucede no caso da
pílula, co parche non fai falla usar un método anticonceptivo adicional no caso de vómitos ou diarrea.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Qué debo facer se o parche se despega total ou parcialmente?
-Se pasaron menos de 24 horas, débese pegar o actual ou cambiar por outro. Non existe risco de embarazo, polo
que non é necesario empregar un método anticonceptivo adicional.
-Se pasaron máis de 24 horas, existe risco de embarazo. Débese empregar un método anticonceptivo adicional
(preservativo) durante 7 días. Se mantiveches relacións sen protección neste período, é recomendable usar a
anticoncepción de urxencia (pílula postcoital ou DIU).
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Qué debo facer se me esquecín de cambiar o parche?
-Se pasaron menos de 48 horas, débese cambiar por un novo parche. Non existe risco de embarazo, polo
que non é necesario empregar un método anticonceptivo adicional.
-Se pasaron máis de 48 horas, existe risco de embarazo. Débese cambiar por un novo parche e empregar
un método anticonceptivo adicional (preservativo) durante 7 días. Se mantiveches relacións sen
protección neste período, é recomendable usar a anticoncepción de urxencia (pílula postcoital ou DIU).
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Que debo facer se prolongo o descanso máis de 7 días?
Se se prolonga o período de descanso durante máis de 7 días, existe risco de embarazo. Débese colocar
un novo parche e empregar un método anticonceptivo adicional (preservativo) durante 7 días. Se
mantiveches relacións sen protección neste período, é recomendable usar a anticoncepción de urxencia
(pílula postcoital ou DIU).
8. Cando acudir a consulta
-Se os días posteriores aparece febre de causa
non explicada ou fluxo vaxinal con mal olor,
para descartar unha infección pélvica tratable
con antibióticos.
-Menstruacións moi abundantes e dolorosas,
ou sangrados intermenstruais de xeito
continuado.
-Dor na parte baixa do abdome coincidindo
coas relación sexuais.
-Se a túa parella nota os fíos durante as
relacións, xa que estes se poden recortar.
8. ¿Por que debe cambiarse cada semana o sitio de aplicación do parche?
O parche pode provocar irritacións da pel no sitio de aplicación, polo que é recomendable variar o sito de
aplicación cada semana.
9. ¿Que requisitos son necesarios para usar o parche?
É recomendable unha entrevista clínica cun profesional sanitario para:
-Descartar que existan contraindicacións para empregar o parche.
-Facer unha toma de tensión arterial, para descartar hipertensión.
-Asesorar sobre o método e resolver posibles dúbidas.
10. ¿Que controis hai que facer tras comezar a usar o parche?
-É recomendable facer unha toma da tensión arterial, xa que ata un 2% das mulleres poden desenvolver
hipertensión durante o primeiro ano de uso. Posteriormente, débese controlar a tensión arterial coa
mesma periodicidade que o resto da poboación.
-Aínda que non é imprescindible, unha visita de control ós 2-3 meses pode resultar beneficiosa para aclarar
posibles dúbidas e comprobar que o parche se está utilizando de forma correcta.
-Sempre se debe acudir a consulta ante calquera dúbida ou problema.
11. ¿Cales son os efectos secundarios máis frecuentes?
-Náuseas ou vómitos: máis habituais nos primeiros días de uso.
-Dor de cabeza: poden aparecer durante os primeiros días de uso. Se persisten, débese valorar un cambio
de método.
-Molestias mamarias: habitualmente melloran co paso do tempo.
-Irritación da pel no sitio de aplicación: adóitase evitar variando cada semana o lugar onde se pega o
parche.
-Sangrado irregular (spotting): máis frecuente nos 3 primeiros meses. Non indica perda de eficacia, nin
ten risco de anemia. Se o sangrado persiste máis de 3 meses, débese valorar o cambio a outro método
anticonceptivo distinto.
-Ausencia de sangrado na semana de descanso: pode acontecer cando se leva empregado o parche
durante moito tempo. Se o parche se utilizou adecuadamente, sen esquecementos, non é necesario facer
unha proba de embarazo. Se a falta de regra ocorre de forma frecuente e preocupa á muller, pódese valorar
un cambio de método.
12. ¿Produce aumento de peso?
Non. Na grande maioría dos casos non se producen cambios significativos de peso.
13. ¿Cal é o risco cardiovascular asociado ó parche?
-O parche aumenta o risco tanto o risco de enfermidade tromboembólica arterial (infarto de miocardio,
ictus) como venoso (trombose venosa profundo, embolia pulmonar).
-Para minimizar este risco, é importante unha adecuada historia clínica para descartar contraindicacións
para o emprego do parche.
-O risco de tromboembolismo dunha muller utilizando o parche é menor que durante o embarazo ou o
postparto.
-A mortalidade global das mulleres que empregan anticoncepción hormonal combinada é menor que as
non usuarias.
O risco de tromboembolismo venoso estímase en:
-4-5/10.000 mulleres-ano en non usuarias.
-8-9/10.000 mulleres-ano en usuarias de anticoncepción hormonal.
-29/10.000 mulleres-ano no embarazo.
-300-400/10.000 mulleres-ano no postparto.
14. ¿Poden certos fármacos diminuír a eficacia do parche?
Si. Certos medicamentos poden diminuír a eficacia do parche:
-Antiepilépticos e barbitúricos: fenitoína, fenobarbital, clorpromazina, carbamazepina, oxcarbamazepina,
topiramato, primidona, etosuximida. Ademais, o uso de anticonceptivos pode alterar o nivel plasmático e a
eficacia de certos fármacos antiepilépticos.
-Antibióticos: rifampicina, rifabutina, griseofluvina.
-Antirretrovirais: inhibidores da proteasa reforzados con ritonavir. Ademais, os anticonceptivos poden
incrementar a toxicidade de certos antirretrovirais.
-Herba de San Xoán.
15. ¿Cando se debe iniciar a colocación do parche?
Existen 2 opcións:
-Habitualmente colócase o primeiro día de regra (día 1 do ciclo menstrual). Desta forma o parche é efectivo
desde o primeiro día, polo que non é necesario usar ningún método anticonceptivo adicional.
-Tamén se pode colocar en calquera momento do ciclo (quick start), sempre que se teña descartado a
existencia dun embarazo. Usado así o parche tarda 7 días en ser efectivo, polo que durante a primeira
semana débese empregar un método anticonceptivo adicional (preservativo), no caso de ter relacións
coitais.
16. ¿A partir de qué momento xa é eficaz?
-Se se comeza a usar o primeiro día de regra, xa é eficaz desde o primeiro día.
-Se se comeza a usar noutro momento do ciclo, tarda 7 días en ser eficaz. Polo tanto, nos primeiros 7 días é
necesario usar outro método anticonceptivo adicional (preservativo), se se manteñen relacións sexuais.
17. ¿Debe empregarse outro método durante a semana de descanso?
Non é necesario. Se se usa o parche a adecuadamente, non hai risco de embarazo na semana de descanso.
18. Se levo tempo usando o parche, ¿debo facer un período de descanso?
-Non. Os períodos de descanso, se non se usa adecuadamente outro método anticonceptivo, aumentan o
risco dun embarazo non desexado.
-O parche pódese seguir usando sen un límite máximo de tempo sempre que se estea a gusto con ela e
non existan contraindicacións médicas.
19. ¿Pódese usar o parche de forma continuada, sen semana de descanso?
-Si. Certas mulleres poden beneficiarse de non ter menstruacións, tanto por razón médicas (endometriose,
síndrome premenstrual severo, hiperandroxenismo, anemia ou dor menstrual severa, etc.), coma por
motivos laborais ou preferencias persoais.
-O emprego do parche de forma continuada é seguro e eficaz, sempre que non se interrompa o seu uso
durante máis de 7 días.
-Poden aparecer con máis frecuencia pequenos sangrados irregulares (spotting), sobre todo os 3 primeiros
meses, aínda que o número total de días de sangrado durante un ano de uso soe ser menor.
-Unha variante do uso continuado son os coñecidos como “ciclos prolongados”, que consisten en facer cada
2-3 meses un descanso de 7 días, tendo así a regra cada 2-3 meses.
-Cando se emprega o parche de forma continuada, sen descansos, e aparecen durante 3 días consecutivos
sangrado persistente ou molestias tipo regra, é recomendable facer 7 días de descanso para que cesen os
síntomas. Posteriormente volverase a usar o parche de forma continuada.
20. ¿Qué ocorre se non me vén a regra na semana de descanso?
-A falta de regra na semana de descanso pode acontecer cando se leva empregando o parche durante
moito tempo.
-Se se usou parche adecuadamente, sen esquecementos, non é necesario facer unha proba de embarazo.
-Se a falta de regra ocorre de forma frecuente e preocupa á muller, pódese valorar un cambio de método
anticonceptivo.
21. ¿Existe un límite de idade para usar o parche?
Non. En ausencia de contraindicacións, o parche pode usarse ata a menopausa.
-De todas formas, algunhas sociedades científicas aconsellan non utilizalo máis alá dos 50 anos, xa que a
partir desta idade a probabilidade de embarazo é moi baixa, e o parche aumenta o risco cardiovascular.
22. ¿Poden usalo as adolescentes?
-As adolescentes, coma o resto das mulleres, poden usar o parche sempre que non existan
contraindicacións.
23. ¿Que pasa se emprego o parche estando embarazada?
Non existe evidencia de que o parche produza malformacións no bebé ou complicacións no embarazo. De
todas formas, o parche débese deixar de utilizar.
24. ¿Pode causar infertilidade?
Non. A anticoncepción hormonal non afecta á fertilidade posterior.
25. ¿Protexe fronte as infeccións de transmisión sexual (ITS)?
-Non. O preservativo é o único método que protexe fronte as ITS. Polo tanto, nas relacións de risco, débese
usar tamén sempre o preservativo.
26. ¿Ten efecto sobre o desexo sexual?
Na maior parte das mulleres a función sexual non experimenta cambios e incluso mellora, xa que
desaparece o medo un embarazo non desexado. Non obstante, nunha minoría de mulleres pode ocasionar
diminución do desexo sexual.