O DIU
O DIU
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É un dispositivo de 4-5 cm de plástico que contén un fío de cobre.
Colócase no útero e evita o embarazo, principalmente polo efecto
espermicida do cobre.
Duración
Adoita ser de 5 anos, aínda que pode variar segundo a carga de cobre que libere o
modelo. Se o DIU se inserta despois dos 40 anos, non é preciso retiralo ata a
menopausa.
Eficacia
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) é de 0,8.
-É un dos métodos máis eficaces, xa que non require o cumprimento da usuaria e
presenta unha alta taxa de continuidade.
Beneficios
-Alta eficacia anticonceptiva e longa duración
-Cómodo e discreto, non interfire nas relacións sexuais
-Recuperación da fertilidade de forma inmediata trala súa extracción.
-Inserción gratuíta, preferentemente nos Centros de Orientación
Familiar (COF), e tamén nalgúns Centros de Saúde e consultas de
Xinecoloxía.
Inconvenientes
-Pode aumentar a cantidade de sangrado e a dor menstrual,
especialmente nos primeiros meses trala inserción. Non é un método
recomendable para mulleres con regras dolorosas ou sangrado
menstrual abundante.
-Pódese producir un sangrado intermenstrual os primeiros meses trala
súa inserción. Se se prolonga mías alá dos 6 primeiros meses, deberá
descartarse un problema xinecolóxico.
-Non protexe das infeccións de transmisión sexual, polo que se
deberá empregar o preservativo se hai risco de contaxio.
DIU de cobre como anticoncepción de urxencia
O DIU de cobre pode ser inserido nos 5 días posteriores a unha
relación sexual sen protección. Presenta unha eficacia do 99,9%
nestas situacións, sendo o método de anticoncepción de urxencia
máis efectivo.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. ¿Qué controis son necesarios?
-A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda unha única visita de control trala primeira
menstruación, entre 3-6 semanas despois da inserción, para comprobar que está colocado correctamente.
-De todas formas, é desexable a posibilidade de acceder a consulta en calquera momento que xurda
algunha dúbida ou problema
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Débese colocar coa menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera momento do ciclo se a muller está segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación o cérvix uterino está máis dilatado e a súa inserción do DIU pode ser
máis fácil.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿Poden usalo mulleres adolescentes e que non tiveron fillos?
-O DIU é un método seguro e eficaz en poboación adolescente.
-Debido á súa alta eficacia anticonceptiva, recoméndase como método anticonceptivo de primeira liña para evitar
os embarazos non desexados en adolescentes, especialmente naquelas que non usan correctamente outros
métodos, como a píldora ou o preservativo.
-Naquelas adolescentes con múltiples parellas sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o DIU deberíase
realizar unha proba de cribado de infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco aumentado de enfermidade
inflamatoria pélvica.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á fertilidade é inmediato.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Aumenta o risco de embarazo ectópico (nas trompas de Falopio)?
-Non, as mulleres que usan DIU teñen unha taza de embarazo ectópico menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-ano).
-Non obstante, nas raras ocasións que o DIU falla e se produce un embarazo, debemos descartar que este sexa
ectópico, o que ocorre só no 6% dos casos.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Podo realizar unha resonancia magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre ningún tipo de desprazamento, polo que non é necesario revisalo
despois de facer a proba.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. Efectos protectores sobre o cancro de cérvix e endometrio
-O DIU reduce á metade o risco de cancro de cérvix, debido a estimulación da resposta inmunitaria.
-Por un mecanismo posiblemente similar, tamén diminúe nun 40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
8. Cando acudir a consulta
-Se os días posteriores aparece febre de causa non explicada ou fluxo vaxinal con mal olor, para descartar
unha infección pélvica tratable con antibióticos.
-Ante menstracións moi abundantes e dolorosas, ou sangrados intermenstruais de xeito continuado.
-Se tes dor na parte baixa do abdome coincidindo coas relación sexuais.
-Se a túa parella nota os fíos durante as relacións, xa que estes se poden recortar.