O ESPERMICIDA
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
Son sustancias químicas que se aplican na vaxina antes do coito,
inactivando ós espermatozoides.
¿Cómo se utiliza?
-Deben aplicarse na vaxina 10 minutos antes do coito.
-O seu efecto dura aproximadamente unha hora. Pasado este tempo,
debe aplicarse unha nova dose de espermicida.
-Non deben realizarse duchas vaxinais ata 6-8 horas despois da
exaculación, xa que poden diminuír a eficacia do espermicida.
Eficacia
-É un dos métodos anticonceptivos con eficacia máis baixa.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) estímase en:
- 28 na poboación xeral (uso típico)
- 18 naquelas mulleres que o usan sempre de forma correcta e
sistemática (uso perfecto)
-Para aumentar a súa eficacia, debe asociarse ó uso doutros métodos,
como o preservativo.
Beneficios
-Ausencia de efectos secundarios.
-Facilidade de uso.
-Producen certa lubricación na vaxina e poden facilitar o coito.
-Constitúen unha opción anticonceptiva eficaz en casos de fertilidade
diminuída (por exemplo, en mulleres maiores de 45 anos).
-Poden usarse como reforzo doutros métodos anticonceptivos.
presentamos o dream team
da anticoncepción
Inconvenientes
-A diferenza do preservativo, non protexen contra as Infeccións de
Transmisión Sexual (ITS).
-Eficacia anticonceptiva moi baixa. Para aumentar a súa eficacia
deben asociarse ó uso doutros métodos, como o preservativo.
-Método non financiado.
-Deben aplicarse antes do coito.
-Poden causar irritación vaxinal.