O DIU HORMONAL
O DIU HORMONAL
Mirena®
Jaydess®
DÚAS OPCIÓNS. TI ELIXES.
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É un dispositivo de 4-5 cm de plástico que libera
levonorgestrel, unha hormona con propiedades
similares á proxesterona. Colócase no útero e
evita o embarazo impedindo a fecundación.
¿En que consiste?
É un dispositivo de 3cm de plástico que libera
levonorgestrel, unha hormona con propiedades
similares á proxesterona. Colócase no útero e
evita o embarazo impedindo a fecundación.
Duración
5 anos. Se o DIU se inserta despois dos 40 anos,
non é preciso retiralo ata a menopausa.
Eficacia
-Moi elevada, superior incluso á da esterilización
tubárica.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100
mulleres-ano) é de 0,2.
-É un dos métodos máis eficaces, xa que non
require o cumprimento da usuaria e presenta
unha alta taxa de continuidade.
Eficacia
-Moi elevada, similar á da esterilización tubárica.
- O índice de Pearl (nº de embarazos/100
mulleres-ano) é de 0,4.
-É un dos métodos máis eficaces, xa que non
require o cumprimento da usuaria e presenta
unha alta taxa de continuidade.
Beneficios
-Alta eficacia anticonceptiva e longa duración
-Cómodo e discreto, non interfire nas relacións
sexuais
-Diminúe a dor durante a menstruación
-Diminúe a cantidade de sangrado menstrual,
aumentando os niveis de hemoglobina
-Recuperación da fertilidade de forma inmediata
trala súa extracción
Beneficios
-Alta eficacia anticonceptiva e longa duración
-Cómodo e discreto, non interfire nas relacións
sexuais
-Diminúe a dor durante a menstruación
-Diminúe a cantidade de sangrado menstrual,
aumentando os niveis de hemoglobina
-Recuperación da fertilidade de forma inmediata
trala súa extracción.
Inconvenientes
-Pódense producir episodios de sangrado intermenstrual
(spotting), especialmente os 6 primeiros meses post-
inserción.
- Diminúe tanto a cantidade de sangrado que co tempo
moitas mulleres poden quedar sen regra (50% ós 2 anos de
uso). Isto non ten efectos prexudiciais para a saúde, e,
aínda que para moitas mulleres é beneficioso, para outras
pode resultar incómodo.
-Debido a liberación da hormona levonorgestrel, nun
porcentaxe reducido de casos pódense experimentar
síntomas como náuseas, dor de cabeza, tensión mamaria,
molestias abdominais, cambios de humor, acne, hirsutismo
ou ganancia de peso, responsables da retirada do dispositivo
nun 12% dos casos.
-Non protexe das infeccións de transmisión sexual, polo que
se deberá empregar o preservativo se hai risco de contaxio.
Inconvenientes
-Pódense producir episodios de sangrado intermenstrual
(spotting), especialmente os 6 primeiros meses post-
inserción.
- Ó diminuír a cantidade de sangrado menstrual, co tempo
algunhas mulleres poden quedar sen regra (24% ós 3
anos de uso). Isto non ten efectos prexudiciais para a
saúde, e, aínda que para moitas mulleres é beneficioso,
para outras pode resultar incómodo.
-Debido a liberación da hormona levonorgestrel, nun
porcentaxe reducido de casos pódense experimentar
síntomas como náuseas, dor de cabeza, tensión
mamaria, molestias abdominais, cambios de humor, acne,
hirsutismo ou ganancia de peso, responsables da retirada
do dispositivo nun 12% dos casos
-Non protexe das infeccións de transmisión sexual, polo
que se deberá empregar o preservativo se hai risco de
contaxio.
Principais diferenzas entre Jaydess® e Mirena®
-Niveis plasmáticos: Mirena libera unha cantidade de levonorgestrel maior que
Jaydess (20mcg fronte a 14mcg diarios), aínda que os efectos sistémicos son
similares con ambos dispositivos.
-Duración de acción: 3 anos para Jaydess, 5 para Mirena.
-Eficacia anticonceptiva: ambos presenta unha alta eficacia, superior á do DIU de
cobre (99,6% para Mirena e 99,8% para Mirena)
-Cantidade de sangrado: Mirena diminúe en maior medida a cantidade de
sangrado menstrual, constituíndo o tratamento de primeira liña para mulleres con
sangrado menstrual abundante.
-Alteracións do ciclo menstrual: ó diminuír en maior medida a cantidade de
sangrado, Mirena presenta unha maior taxa de amenorrea -ausencia de regra-
(50% ós dou anos de uso fronte a 24% ós 3 anos de uso de Jaydess)
-Tamaño: Jaydess® ten un tamaño menor, polo que a súa inserción pode ser máis
fácil en adolescentes, mulleres que non tiveron fillos ou con útero pequeno.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un método anticonceptivo adicional?
-O DIU de cobre ten unha eficacia inmediata, polo que non se necesita utilizar un método anticonceptivo
adicional.
-Os DIUs hormonais tardan uns 7 días en acadar a eficacia anticonceptiva, polo que se non insiren entre os
días 1ºe7º de regra, deberá usarse un método anticonceptivo adicional durante unha semana.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Que controis son necesarios?
-A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda unha única visita de control trala primeira
menstruación, entre 3-6 semanas despois da inserción, para comprobar que está colocado correctamente.
-De todas formas, é desexable a posibilidade de acceder a consulta en calquera momento que xurda
algunha dúbida ou problema
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿Débese colocar coa menstruación?
-O DIU pódese colocar en calquera momento do ciclo se a muller está segura de que non está embarazada.
-Non obstante, durante a menstruación o cérvix uterino está máis dilatado e a súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Poden usalo mulleres adolescentes e que non tiveron fillos?
-O DIU é un método seguro e eficaz en poboación adolescente.
-Debido á súa alta eficacia anticonceptiva, recoméndase como método anticonceptivo de primeira liña
para evitar os embarazos non desexados en adolescentes, especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou o preservativo.
-Naquelas adolescentes con múltiples parellas sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o DIU
deberíase realizar unha proba de cribado de infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Produce infertilidade?
-Non, unha vez que se retira o retorno á fertilidade é inmediato.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo ectópico (nas trompas de Falopio)?
-Non, as mulleres que usan DIU teñen unha taxa de embarazo ectópico menor (0-5/10.000 mulleres-ano)
que as que non empregan métodos anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-ano).
-Non obstante, nas raras ocasións que o DIU falla e se produce un embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6% dos casos.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Podo realizar unha resonancia magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre ningún tipo de desprazamento, polo que non é necesario revisalo
despois de facer a proba.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
8. Efectos protectores sobre o cancro de cérvix e endometrio
-O DIU reduce á metade o risco de cancro de cérvix, debido a estimulación da resposta inmunitaria.
-Por un mecanismo posiblemente similar, tamén diminúe nun 40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
9. Cando acudir a consulta
-Se os días posteriores aparece febre de causa non explicada ou fluxo vaxinal con mal olor, para descartar
unha infección pélvica tratable con antibióticos.
-Ante menstruacións moi abundantes e dolorosas, ou sangrados intermenstruais de xeito continuado.
-Se tes dor na parte baixa do abdome coincidindo coas relación sexuais.
-Se a túa parella nota os fíos durante as relacións, xa que estes se poden recortar.