A ESPONXA VAXINAL
Descúbreo na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
Animacións 3D
dalle ó play e escolle
Preservativo
masculino
Preservativo
feminino
Diafragma
Capuchón
cervical
Esponxa
vaxinal
Espermicidas
Pílula
Parche
Anel
Hai máis métodos esperándote
Pílula só
xestáxenos
Inxección
trimestral
Implante
DIU
DIU
hormonal
Ligadura
tubárica
Oclusión
tubárica
Vasectomía
Métodos
naturais
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
É unha esponxa de poliuretano que contén espermicida e se inserta
na vaxina. Ten unha depresión que se adapta ó colo uterino,
cubríndoo e impedindo o paso dos espermatozoides.
¿Cómo se utiliza?
-Antes de introducir a esponxa na vaxina, débese humedecer en auga
para activar o espermicida, e despois escórrese para eliminar o exceso
de auga. Colócase profundamente na vaxina, coa parte cóncava cara
arriba para que cubra o colo uterino, deixando a asa de extracción
orientada cara á vulva para facilitar a súa extracción posterior.
-Debe introducirse na vaxina antes do coito, e non debe retirarse
ata 6 horas despois da exaculación. Non obstante, tampouco debe
deixarse máis de 24 horas na vaxina para evitar que produza irritación
vaxinal.
-Unha vez introducida na vaxina, a esponxa é efectiva durante 24
horas.
-Unha vez usada, a esponxa vaxinal non pode ser reutilizada. ou certas
medicacións vaxinais, xa que poden acelerar o deterioro do capuchón.
Eficacia
-Presenta unha baixa eficacia, menor que outros métodos, e que
diminúe en mulleres que tiveron un parto vaxinal.
-O índice de Pearl (nº de embarazos/100 mulleres-ano) estímase en:
∙ Poboación xeral (uso típico):
- 12 nas mulleres que non tiveron partos por vía vaxinal
- 24 nas mulleres que tiveron partos por vía vaxinal
∙ Mulleres que o usan sempre de forma correcta e sistemática (uso
perfecto):
- 9 nas mulleres que non tiveron partos por vía vaxinal
- 20 nas mulleres que tiveron partos por vía vaxinal
Beneficios
-Escasos efectos secundarios.
-Non interfire nas relación sexuais.
-Pode protexer das Infeccións de Transmisión sexual (ITS), pero en
menor medida que os preservativos masculino e feminino.
-Non é necesario o uso de espermicida.
Inconvenientes
-Eficacia anticonceptiva menor que outros métodos.
-Necesita unha exploración xinecolóxica por un profesional
previamente ó seu uso e tras un embarazo ou cambio significativo de
peso, xa que a talla pode cambiar.
-Debe introducirse antes do coito, e non debe retirarse ata 6 horas
despois da exaculación.
-Pode aumentar a frecuencia de infeccións urinarias.
-O espermicida pode causar irritación vaxinal.
-Elevado custo.
-Dificultade para adquirila, xa que non está comercializada en España.
Contraindicacións
-Alto risco de Infeccións de Transmisión Sexual.
-Infeccións urinarias de repetición.