O ABORTO FARMACOLÓXICO
O ABORTO FARMACOLÓXICO
+ INFO na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO
Aborto farmacolóxico.
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
Consiste na interrupción da xestación mediante fármacos. A pauta
máis eficaz é a combinación de mifepristona e misoprostol.
-A mifepristona (RU-486) é un antagonista do receptor de
proxesterona. Provoca a dexeneración da placenta, dilata e
rebrandece o cérvix uterino e aumenta a sensibilidade uterina ós
efectos contráctiles do misoprostol.
-O misoprostol é un análogo da prostaglandina E1, usado tamén
para o tratamento e prevención das úlceras gástricas e duodenais.
Dilata e rebrandece o cérvix e produce contraccións uterinas,
provocando así a expulsión do embrión.
¿Qué doses e vías de administración se empregan?
As recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) son as seguintes:
-Mifepristona (RU-486): 200 mg vía oral, como mínimo 24 horas antes da administración de
misoprostol. É un fármaco de dispensación exclusivamente hospitalaria.
-Misoprostol: doses entre 400 e 800 µg, dependendo da idade de xestación e da vía de
administración empregada (ver táboa). Pódese adquirir en farmacias baixo prescrición médica.
-oral: inxerindo directamente as pastillas, as cales se poden mastigar.
-bucal: colocando as pastillas entre as enxivas e a cara interna das meixelas durante 30
minutos. Pasado este tempo, os fragmentos remanentes pódense tragar.
-sublingual: colocando as pastillas debaixo da lingua durante 10-15 minutos. Pasado este
tempo, os fragmentos remanentes pódense tragar.
-vaxinal: colocando as pastillas no fondo da vaxina.
-A vía máis eficaz é a vaxinal, seguida da sublingual, a bucal e a oral.
-A vía vaxinal é a que presenta menos efectos secundarios de tipo gastrointestinal, aínda que
pode resultar máis dolorosa e asociarse a unha maior taxa de infección vaxinal, que de todas
formas é moi baixa (<0,1%).
Recomendacións
da OMS para a
interrupción da
xestación
Recomendacións
da OMS para a
interrupción da
xestación se a
mifepristona non
está dispoñible
Eficacia
-Alta, entre 90-98%, diminuíndo lixeiramente conforme aumenta a idade xestacional.
-A probabilidade de que continúe a xestación a pesar dunha correcta administración dos
fármacos sitúase en torno ó 1%.
-A necesidade de ter que facer un legrado debido a sangrado excesivo, dor ou
persistencia de restos oscila entre o 2-5%.
Beneficios
-Evítase a necesidade dunha intervención cirúrxica.
-Posibilidade de administración do misoprostol en casa, no momento en
que se considere máis adecuado.
-Alta eficacia e seguridade, sendo a maioría dos efectos secundarios
leves e tolerables.
-Algunhas mulleres percíbeno como un método máis seguro, natural e
privado que o aborto cirúrxico.
Inconvenientes
-Menor taxa de éxito que no aborto cirúrxico, precisándose legrado en
torno ó 2-5% dos casos.
-Maior dor e sangrado que no aborto cirúrxico.
-Necesidade de acudir a unha revisión para comprobar a efectividade
do método
Contraindicacións
-Portadoras de DIU
-Anemia (niveis de hemoglobina <9.5-10 g/dL)
-Corticoterapia sistémica de longa duración
-Insuficiencia adrenal
-Coagulopatía ou tratamento con anticoagulantes
-Enfermidade cardiovascular severa
-Insuficiencia hepática ou renal grave
Recomendacións
-Normalmente o sangrado abundante adoita aparecer nas 5 horas posteriores á
administración do misoprostol, diminuíndo progresivamente nas seguintes 24-48 horas.
A continuación, adoita persistir un sangrado intermitente durante 10-15 días.
-Pode aparecer dor abdominal tipo cólico, en ocasións maior que unha menstruación
habitual, especialmente o primeiro día trala administración de misoprostol. Débense usar
analxésicos habituais como o ibuprofeno en canto aparezan os primeiros síntomas, xa
que calman a dor e non diminúen a efectividade do aborto farmacolóxico.
-Debes estar acompañada durante todo o proceso, especialmente o día da
administración das pastillas de misoprostol. Aínda que o aborto farmacolóxico é seguro,
poden aparecer mareos, dor ou outros efectos secundarios, polo que a axuda dunha
persoa da túa confianza pode proporcionarche tranquilidade.
- Se apenas se produce sangrado e persisten os síntomas de embarazo, é posible que o
aborto farmacolóxico non funcionase e persista a xestación.
-É recomendable un control nun Centro de Orientación Familiar en 10-15 días para
asegurar a efectividade do aborto e adoptar un método anticonceptivo seguro e efectivo.
-A primeira regra adoita aparecer nos 30-40 días posteriores ó aborto farmacolóxico.
Durante este tempo, débese empregar un método anticonceptivo se se teñen relacións
coitais, xa que existe risco dun novo embarazo.
Aborto médico vs. cirúrxico
-Non hai un método preferible, a elección debe basearse nas preferencias persoais de
cada muller.
-A grande maioría das mulleres están altamente satisfeitas co método que elixen.
-Aínda que os dous métodos son ben aceptados, a satisfacción semella ser maior no
aborto cirúrxico, probablemente debido á súa maior rapidez e menor cantidade de dor e
sangrado.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. ¿Cales son os efectos secundarios máis frecuentes?
-Sangrado: normalmente o sangrado abundante adoita aparecer nas 5 horas posteriores á administración
de misoprostol, diminuíndo progresivamente nas seguintes 24-48 horas. A continuación, adoita persistir
un sangrado intermitente durante os seguintes 15-30 días. Aínda que o sangrado pareza moi abundante, a
probabilidade de que produza unha anemia importante é moi baixa (<0,1%).
-Dor abdominal: de tipo cólico, pode ser maior có dunha menstruación habitual, especialmente o primeiro
día trala administración de misoprostol. Débense usar analxésicos habituais como o ibuprofeno en canto
aparezan os primeiros síntomas, xa que calman a dor e non diminúen a efectividade do aborto
farmacolóxico.
-Náuseas, vómitos, mareos, dor de cabeza, diarrea, febre e calafríos: xeralmente de carácter leve,
aparecen con maior frecuencia o día da administración do misoprostol. Pódense usar fármacos
(antieméticos, paracetamol, ibuprofeno) para tratalos.
-O aborto médico considérase un método eficaz e seguro.
-Aínda que a maioría dos efectos secundarios son leves, é recomendable que esteas acompañada por unha
persoa da túa confianza, especialmente o día da administración do misoprostol.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Cando debo acudir a urxencias?
-Se a dor non calma con analxésicos habituais, coma o ibuprofeno.
-Se a cantidade de sangrado é moi abundante e non diminúe significativamente en 48-72 horas.
-Se aparece fluxo con mal olor, febre que persiste máis de 24 horas ou empeoramento da dor pélvica,
signos que poden indicar unha posible infección que debe ser tratada con antibióticos.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿É necesario tomar antibióticos?
Non. A taxa de infección severa é moi baixa (<0,1%), e non existe unha evidencia clara de que diminúa co uso de
antibióticos.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Qué exames son necesarios antes de realizar un aborto farmacolóxico?
-Débese realizar unha ecografía para datar o tempo de xestación.
-É necesario coñecer o grupo sanguíneo, xa que nas mulleres Rh negativas é recomendable administrar a
inxección intramuscular de inmunoglobulina anti-D, para previr isoinmunizacións en futuros embarazos.
-Non é necesaria facer unha analítica de rutina en mulleres sas para ver os niveis de hemoglobina, salvo que
se sospeite anemia.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Que controis hai que facer despois?
É recomendable un control nun Centro de Orientación Familiar en 10-15 días para asegurar a efectividade do
aborto e establecer un método anticonceptivo seguro e efectivo.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Cando se debe iniciar a anticoncepción tras un aborto farmacolóxico?
A anticoncepción debe iniciarse de forma inmediata, xa que tras un aborto a ovulación pode producirse tan
só 8 días despois, existindo risco dun novo embarazo.
-Os métodos anticonceptivos hormonais (pílula, parche, anel, inxectable, implante) poden iniciarse xa o
mesmo día da administración de misoprostol.
-O DIU pode colocarse entre 1-4 semanas despois da administración de misoprostol.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Pódese usar en caso de xestación xemelar?
Si. As doses empregadas e a efectividade alcanzada son as mesmas que na xestación única.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
8. No caso de proseguir o embarazo, ¿poden provocar os fármacos malformacións no feto?
-A mifepristona non se asocia a malformación fetais, aínda que os datos que existen son limitados.
-O misoprostol, en cambio, pode producir malformacións fetais: anomalías do sistema nervioso central,
óseas, das extremidades ou síndrome de Möbius (parálise facial que pode afectar tamén a varios nervios
craniais, acompañada de malformacións musculoesqueléticas).
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
9. ¿Pode causar infertilidade ou afectar a futuras xestacións?
Non. As mulleres que realizaron un aborto farmacolóxico teñen a mesma taxa de embarazo e os mesmos
resultados reprodutivos que aquelas que non tiveron abortos.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
10. ¿Pode ter secuelas psicolóxicas a longo prazo?
-Ante unha xestación non desexada, non existe evidencia de que as mulleres que abortan teñan máis
problemas psicolóxicos no futuro que aquelas que deciden continuar a xestación.
-A grande maioría das mulleres que libremente deciden abortar non se arrepinten da súa decisión, e non
presentan problemas psicolóxicos no futuro.
-Aquelas mulleres con antecedentes de problemas de saúde mental, que dubidan da súa decisión, que
teñen unha reacción negativa ó aborto ou que presentan outros acontecementos vitais estresantes, teñen
maior probabilidade de ter problemas psicolóxicos no futuro, polo que se lles debe ofrecer un apoio
psicolóxico.