O ABORTO CIRÚRXICO
O ABORTO CIRÚRXICO
+ INFO na clínica interactiva
Vídeos
explicativos
INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO
Aborto cirúrxico.
ENDEREZO
Rúa Echegaray, 8
36002 / Pontevedra
CONTACTO
email: info@sogac.org
web: www.sogac.org
Copyright © 2021 SOGAC. Todos os dereitos reservados.
¿En que consiste?
Consiste na interrupción da xestación mediante unha intervención
cirúrxica por vía vaxinal.
Que tipos de anestesia se poden empregar?
-Anestesia local (paracervical): consiste en inxectar un anestésico ó redor do cérvix
uterino, para adormecer os nervios próximos e permitir unha dilatación cervical
indolora. Entre as súas vantaxes destacan un menor número de complicacións, un
tempo de recuperación máis rápido e un maior sentido de control da muller, que
permanece consciente e capaz de poder comunicarse co profesional durante todo o
procedemento. Sen embargo, o control da dor pode resultar insuficiente en certos
casos, especialmente por encima das 14 semanas de xestación.
-Sedoanalxesia moderada (Sedación consciente): consiste en inxectar por vía
intravenosa un analxésico opioide (coma o fentanilo) xunto cun sedante (coma o
midazolam ou o propofol). A muller permanece consciente durante todo o
procedemento. Proporciona un control da dor superior ó da anestesia local, podendo
combinarse con ela.
-Sedoanalxesia profunda e anestesia xeral: existe unha evidente diminución ou
perda total do nivel de consciencia. Proporcionan un control máis efectivo da dor, pero
presentan un maior número de complicacións en comparación coa anestesia local e a
sedación consciente. De todas formas, a porcentaxe de complicacións relacionadas
coa anestesia é moi baixa, inferior ó 0,5%.
Eficacia
-Moi alta, superior ó 99%.
-A probabilidade de que continúe a xestación a pesar da cirurxía estímase inferior ó
0,2%.
-A necesidade de ter que repetir un legrado debido á persistencia de restos estímase
inferior ó 1%.
Beneficios
- Eficacia moi alta, superior á do aborto médico.
- Intervención moi breve (10-15 minutos), cunha recuperación moi
rápida.
-Menos dor e sangrado que no aborto médico.
-Proceso máis rápido que o aborto médico, sen precisar visitas de
control para comprobar a súa efectividade.
Inconvenientes
-Necesidade de realizar unha intervención cirúrxica que precisa
anestesia.
-Para algunhas mulleres pode resultar máis agresivo e traumático que
o aborto médico.
¿Que técnicas se empregan?
As recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) son as seguintes:
-Dilatación e aspiración: consiste na dilatación do cérvix uterino ata poder introducir
unha cánula de aspiración, evacuando así todo o contido uterino. É a técnica cirúrxica de
elección en xestacións menores de 15 semanas.
-Dilatación e curetaxe: consiste na dilatación do cérvix uterino ata poder introducir unha
cureta (instrumento cirúrxico similar a unha culler) e raspar as paredes do útero,
evacuando así o seu contido. Esta técnica está asociada a máis dor, maior tempo
cirúrxico e maior número de complicacións que a dilatación e evacuación, polo que non
se recomenda.
-Dilatación e evacuación: consiste na dilatación do cérvix uterino ata poder introducir
unhas pinzas longas e unha cánula de aspiración de 12 a 16 mm de diámetro,
evacuando así todo o contido uterino. É o método cirúrxico de elección a partir das 15
semanas de xestación.
Recomendacións
-Non se debe comer, beber, fumar ou mastigar gomas de mascar nas 6-8 horas previas á
intervención, especialmente se se usa unha anestesia xeral.
-A maioría das mulleres poden retomar as súas actividades habituais nas primeiras horas
posteriores á cirurxía.
-Durante os primeiros días poden aparecer molestias abdominais, xeralmente de
carácter leve, que deben calmar con analxésicos habituais como o ibuprofeno.
-Pode aparecer un sangrado intermitente durante varias semanas.
-É recomendable un control nun Centro de Orientación Familiar en 10-15 días para
aclarar posibles dúbidas e adoptar un método anticonceptivo seguro e efectivo.
-A primeira regra adoita aparecer nos 30-40 días posteriores ó aborto farmacolóxico.
Durante este tempo, débese empregar un método anticonceptivo se se teñen relacións
coitais, xa que existe risco dun novo embarazo.
Aborto médico vs. cirúrxico
-Non hai un método preferible, a elección debe basearse nas preferencias persoais de
cada muller.
-A grande maioría das mulleres están altamente satisfeitas co método que elixen.
-Aínda que os dous métodos son ben aceptados, a satisfacción semella ser maior no
aborto cirúrxico, probablemente debido á súa maior rapidez e menor cantidade de dor e
sangrado.
1. Tras inserir o DIU, ¿debo usar un
método anticonceptivo adicional?
O DIU de cobre ten unha eficacia
inmediata, polo que non se necesita
utilizar un método anticonceptivo
adicional.
Os DIUs hormonais tardan uns 7 días
en acadar a eficacia anticonceptiva,
polo que se non insiren entre os días
1ºe7º de regra, deberá usarse un
método anticonceptivo adicional
durante unha semana.
1. ¿Cales son as posibles complicacións?
-Sangrado: adoita persistir un sangrado leve e intermitente durante varias semanas. A probabilidade de
que se produza un sangrado significativo que cause unha anemia importante é moi baixa (<0,1%).
-Dor abdominal: xeralmente de intensidade menor que o aborto farmacolóxico. Durante os primeiros días
poden aparecer molestias abdominais, xeralmente de carácter leve, que deben calmar con analxésicos
habituais como o ibuprofeno.
-Infección pélvica: pouco frecuente (<1%), adoita acompañarse de fluxo con mal olor, febre que persiste
máis de 24 horas ou empeoramento da dor pélvica. As infeccións severas que precisan hospitalización son
moi pouco frecuentes, inferiores ó 0,5%.
-Perforación uterina: complicación pouco frecuente (<0,5%), que na maioría dos casos se resolve
espontaneamente, cun manexo expectante e adecuada cobertura antibiótica. A probabilidade de ter que
realizar unha operación abdominal para solucionala é excepcional (<0,3%).
-Lesións cervicais: cada vez menos frecuentes (<0,2%) debido á administración de 400 µg vaxinais ou
sublinguais de misoprostol as 2-3 horas previas á intervención, para rebrandecer e favorecer a dilatación do
cérvix. Adoitan resolverse sen gran dificultade por vía vaxinal.
-Complicacións anestésicas: moi pouco frecuentes, inferiores ó 0,5%.
2. ¿Qué controis son necesarios?
A Organización Mundial da Saúde
(OMS) recomenda unha única visita de
control trala primeira menstruación,
entre 3-6 semanas despois da inserción,
para comprobar que está colocado
correctamente.
De todas formas, é desexable a
posibilidade de acceder a consulta, en
calquera momento que xurda algunha
dúbida ou problema
2. ¿Cando debo acudir a urxencias?
-Se a dor non calma con analxésicos habituais, coma o ibuprofeno.
-Se a cantidade de sangrado é moi abundante e non diminúe significativamente en 48-72 horas.
-Se aparece fluxo con mal olor, febre que persiste máis de 24 horas ou empeoramento da dor pélvica,
signos que poden indicar unha posible infección que debe ser tratada con antibióticos.
3. ¿Débese colocar coa
menstruación?
O DIU pódese colocar en calquera
momento do ciclo se a muller está
segura de que non está embarazada.
Non obstante, durante a menstruación
o cérvix uterino está máis dilatado e a
súa inserción do DIU pode ser máis
fácil.
3. ¿É necesario tomar antibióticos?
Si. Aínda que a taxa de infección é moi baixa (<1%), a administración dunha dose única de antibióticos previa ou
durante o procedemento diminúe a súa aparición.
4. ¿Poden usalo mulleres
adolescentes e que non tiveron fillos?
O DIU é un método seguro e eficaz en poboación
adolescente. Debido á súa alta eficacia
anticonceptiva, recoméndase como método
anticonceptivo de primeira liña para evitar os
embarazos non desexados en adolescentes,
especialmente naquelas que non usan
correctamente outros métodos, como a píldora ou
o preservativo.
Naquelas adolescentes con múltiples parellas
sexuais e hábitos sexuais de risco, antes de inserir o
DIU deberíase realizar unha proba de cribado de
infección por chlamydia e gonorrea, debido o risco
aumentado de enfermidade inflamatoria pélvica.
4. ¿Que exames son necesarios antes de realizar un aborto farmacolóxico?
-Débese realizar unha ecografía para datar o tempo de xestación.
-É necesario coñecer o grupo sanguíneo, xa que nas mulleres Rh negativas é recomendable administrar a
inxección intramuscular de inmunoglobulina anti-D, para previr isoinmunizacións en futuros embarazos.
-Non é necesaria facer unha analítica de rutina en mulleres sas para ver os niveis de hemoglobina, salvo que
se sospeite anemia.
5. ¿Produce infertilidade?
Non, unha vez que se retira o retorno á
fertilidade é inmediato.
5. ¿Que controis hai que facer despois?
É recomendable un control nun Centro de Orientación Familiar en 10-15 días para asegurar a efectividade do
aborto e establecer un método anticonceptivo seguro e efectivo.
6. ¿Aumenta o risco de embarazo
ectópico (nas trompas de Falopio)?
Non, as mulleres que usan DIU teñen
unha taxa de embarazo ectópico
menor (0-5/10.000 mulleres-ano) que as
que non empregan métodos
anticonceptivos (30-65/10.000 mulleres-
ano). Non obstante, nas raras ocasións
que o DIU falla e se produce un
embarazo, debemos descartar que este
sexa ectópico, o que ocorre só no 6%
dos casos.
6. ¿Cando se debe iniciar a anticoncepción tras un aborto cirúrxico?
A anticoncepción debe iniciarse de forma inmediata, xa que tras un aborto a ovulación pode producirse
tan só 8 días despois, existindo risco dun novo embarazo.
-Os métodos anticonceptivos hormonais (pílula, parche, anel, inxectable, implante) poden iniciarse xa o
mesmo día da administración de misoprostol.
-O DIU de cobre e o DIU hormonal poden colocarse o mesmo día da intervención de forma segura e
efectiva.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
7. ¿Pode causar infertilidade ou afectar a futuras xestacións?
Non. As mulleres que realizaron un aborto cirúrxico teñen a mesma taxa de embarazo e os mesmos
resultados reprodutivos que aquelas que non tiveron abortos.
7. ¿Podo realizar unha resonancia
magnética se levo un DIU?
Si, sen ningún problema. O DIU non sofre
ningún tipo de desprazamento, polo que
non é necesario revisalo despois de facer a
proba.
Efectos protectores sobre o cancro de cérvix
e endometrio
O DIU reduce á metade o risco de cancro de
cérvix, debido a estimulación da resposta
inmunitaria. Por un mecanismo
posiblemente similar, tamén diminúe nun
40% a probabilidade de desenvolver un
cancro de endometrio.
8. ¿Pode ter secuelas psicolóxicas a longo prazo?
-Ante unha xestación non desexada, non existe evidencia de que as mulleres que abortan teñan máis
problemas psicolóxicos no futuro que aquelas que deciden continuar a xestación.
-A grande maioría das mulleres que libremente deciden abortar non se arrepinten da súa decisión, e non
presentan problemas psicolóxicos no futuro.
-Aquelas mulleres con antecedentes de problemas de saúde mental, que dubidan da súa decisión, que
teñen unha reacción negativa ó aborto ou que presentan outros acontecementos vitais estresantes, teñen
maior probabilidade de ter problemas psicolóxicos no futuro, polo que se lles debe ofrecer un apoio
psicolóxico.